CRTVG

Buscar

Nova erupción do volcán Etna na illa italiana de Sicilia

Publicado o 14/12/2020 20:48

Novo espertar do volcán Etna na illa italiana de Sicilia. As imaxes que deixa son novamente espectaculares, coas erupcións de lava iluminando a rexión durante toda a madrugada. Ademais de lava e fume, expulsou grandes cantidades de cinza que cobren as rúas das poboacións próximas como Catania.

O volcán, de 3.300 metros de altitude, é o máis activo de Europa.

 

Noticias web

14/12/2020