CRTVG

Buscar

Nova edición do programa Elixe Galicia

Publicado o 28/04/2021 14:41
Nova edición do programa Elixe Galicia

A directora de Turismo, Nava Castro, visitou este mediodía Combarro dentro do programa Elixe Galicia destinado á promoción do turismo interno. Os beneficiarios deste programa, que vai xa pola súa segunda edición, son os menores de 35 anos, os maiores de 55 e os grupos.

En total son 10.000 prazas, das que só se reservaron, polo de agora, un 20 %. A finalidade é incentivar o consumo e turismo dentro da comunidade e, de momento, segundo a Xunta, as viaxes máis solicitadas son os balnearios e os destinos de costa.