CRTVG

Buscar

Nova carta da nai de Olivia e Anna para agradecer o traballo do "Angeles Alvariño" e da Garda Civil

Publicado o 19/06/2021 20:08
Nova carta da nai de Olivia e Anna para agradecer o traballo do "Angeles Alvariño" e da Garda Civil

Nunha nova carta difundida esta mañá, a nai de Anna e Olivia, as nenas asasinadas en Tenerife presuntamente polo seu pai, agradece o labor da tripulación do buque oceanográfico Ángeles Alvariño e da Garda Civil.

Beatriz aclara que lle había gustar achegarse ata o barco pero non llo recomendaron. Dilles na misiva que grazas a eles pode sentir as súas fillas con ela, doutra maneira, pero ao seu lado. Engade que por moi devastadora e cruel que sexa a verdade, sempre é mellor coñecela.