CRTVG

Buscar

Tomiño, O Rosal e A Guarda forman unha nova área perimetrada

Publicado o 12/12/2020 14:46

Case trinta mil persoas viven na área composta pola Guarda, Tomiño e O Rosal ata este venres as restricións máis fortes afectaban só a vila pesqueira, agora están todas ao mesmo nivel e poden moverse entre os tres concellos, para algúns deles, unha liberación.

Peor o pasarán os que queiran saír da microbisbarra ou tomar un café ou cear nos establecementos dos tres concellos, e obviamente a hostalería, que perde o groso do seu negocio e que xa prepara os ERTE.

O resto da poboación, menos afectada polas restricións, ve lóxico que se tomen medidas, xa que aquí en Goián hai varios abrochos e polo menos un par de negocios pechados polo virus.

Ademais do peche da hostalería ás cinco, a ocupación no interior redúcese a un 30 por cento, nas terrazas a un 50 por cento e as reunións son dun máximo de catro persoas.

Noticias web

12/12/2020