Galicia rexistra dúas mortes pola covid−19, 2.648 desde o comezo da pandemia
Publicado o 18/10/2021 21:17

O Sergas notificou este luns o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con elas, o número de vítimas ascende a 2.648 desde o comezo da pandemia en Galicia.
O pasado día 16 falecía unha muller de 85 anos no CHUVI, procedente da Residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo, e o 17 de outubro perdía a vida unha muller de 90 anos no CHUVI.
Segundo informa Sanidade, ambas sufrían patoloxías previas.