Notifícanse 7.041 novos casos e 82 mortes por mor da covid en España
Publicado o 01/04/2021 18:23

As comunidades autónomas notificaron este xoves ao Ministerio de Sanidade 7.041 novos casos. Deles, 4.123 foron diagnosticados nas últimas 24 horas.
Tras engadir estes datos, a cifra total de contaxios ascendería a 3.291.394 dende o incio da pandemia en España. Por outra banda, a incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 154,76, fronte a 152,25 deste mércores.
No informe deste xoves engadíronse 82 novos falecementos. En total, 75.541 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, segundo os datos que recolle o Ministerio.