CRTVG

Buscar

Notifícanse 21.561 novos casos nunha xornada en que a incidencia baixa de 600

Publicado o 06/08/2021 18:31
Notifícanse 21.561 novos casos nunha xornada en que a incidencia baixa de 600

Sanidade comunicou este venres 21.561 novos casos da covid e 75 mortos en España. Nas últimas horas diagnosticáronse 10.540 persoas coa enfermidade.

Por outra banda, xa son varias as xornadas en que baixa a incidencia acumulada, que se sitúa en 591 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días. O xoves era de case 615. Con todo, polo de agora todas as comunidades se manterían en risco extremo, xa que non hai ningunha que reporte unha incidencia menor a 250 nas últimas dúas semanas.

E no tocante aos falecidos, na última semana notificáronse 342. En total, son 82.006 as persoas que perderon a vida no noso país dende que comezou a pandemia.

Nos hospitais hai máis de 10.000 pacientes ingresados polos virus, mentres que se achegan aos 2.000 os ingresos nas UCI. O dato positivo atopámolo nas altas, foron 1.405 nas últimas horas.