CRTVG

Buscar

Notable suba das renuncias para non estar nas mesas electorais da Mariña

Publicado o 09/07/2020 18:02

As renuncias presentadas ante as xuntas electorais de zona para evitar formar parte das mesas electorais dos comicios do próximo domingo experimentaron unha "notable" suba na Mariña de Lugo respecto á cita coas urnas de 2016, pois se entón foran 150 as rexistradas, agora, coa comarca lucense afectada por un brote da pandemia, son 240.

Un portavoz da xunta electoral de Mondoñedo indicou que o motivo máis común dos alegados é a convivencia con persoas que son poboación de risco e, a razón de peso, que non queren expoñer os seus familiares a un posible contaxio. 

Noticias web

09/07/2020