CRTVG

Buscar

Detectados dous positivos nas probas de antíxenos dos aeroportos

Publicado o 02/04/2021 23:17

Nos aeroportos galegos continúan facendo os test de antíxenos a todos os turistas que o soliciten. Dende que se puxeron en marcha hai uns días detectáronse dous casos positivos de Covid, un en Santiago e outro en Alvedro.

Este venres chegaron a Santiago 20 voos con máis de 3.000 pasaxeiros. Boa parte deles quixeron facer o test de antíxenos. Unha proba voluntaria que se ofrece de balde e que permite visitar a familia con seguridade.

Este venres foi o día da Semana Santa con máis actividade no aeroporto. En toda a Semana Santa o aeroporto sumará 24.000 pasaxeiros e 160 vóos, a maior parte nacionais. Outros douscentos operarán na Coruña e Vigo. 

Noticias web

02/04/2021