CRTVG

Buscar

Normalidade no primeiro día de implantación da nova norma anticovid na hostalaría

Publicado o 26/07/2021 15:22

"Neste caso é unha persoa que trata de entrar no interior dunha cafetería e pedíronlle o xustificante ben da vacina ou de facer a PCR. Como non tiña, esa persoa sentiuse discriminada e solicitou unha folla de reclamacións. Simplemente por parte da policía se lle lembrou as normas de covid e que non podía entrar se non tiña esa xustificación", conta Manuel Omil, voceiro da Policía Local de Pontevedra.

Este foi o único incidente do que tivo constancia a Policía Local de Pontevedra, polo que a nova medida se implantou con éxito. Con todo, non hai unanimidade nos profesionais do sector.

"Cando a xente que entra di que o ten non lles esiximos que nolo presenten, nós cremos que é unha medida bastante absurda, sobre todo o certificado de vacinación, porque estando vacinado podes contaxiar, podes infectar", opina Marta García.

"A min paréceme realmente ben. A maioría dos clientes, o 90 %, están vacinados e non teñen problema ningún en presentar nada", comenta ​Iñaqui Bretal.

No que si están case todos de acordo é en que aumenta a carga de traballo. "Un traballo brutal que non podemos asumir", indica ​Marta García. "Bastante, porque tes que estar pendente da xente que entra", explica ​José Francisco Iglesias.

Os hostaleiros agradecen a colaboración dos clientes.

En xeral, os clientes están optando por ocupar as terrazas, algo xa habitual dende que comezou a pandemia.


 

Noticias web

26/07/2021