CRTVG

Buscar

Nora, a cadela que axuda a rapaces con problemas de lectura e autoestima

Publicado o 05/03/2018 17:38

 

Nun colexio de Fene moitos xa coñecen a Nora, unha cadela que axuda rapaces con problemas coa lectura e a autoestima. 


Soamente leva unhas semanas neste colexio de Fene, pero Nora xa é como unha máis do cadro de persoal. Foi unha mestra do colexio a que descubriu este tipo de terapias con cans e non dubidou en introducila no seu centro. A proposta foi un éxito. Inserto.

O seu carácter tranquilo e sereno fai que o alumno non sinta as presións que ten ao ler ante toda unha clase. Os beneficios que reporta este programa nos rapaces son varios.Inserto.
Antonio é un dos seleccionados. Padece un trastorno específico da linguaxe, polo que ten máis dificultades para comprender o que le. Agora con estas terapias a súa nai xa percibe os resultados. 

Noticias web

05/03/2018