Non se respectan as fases e atéiganse as praias de Barcelona, Valencia e Málaga
Publicado o 21/05/2020 09:01
Que medren os contaxios non resulta estraño vendo imaxes como as que onte se deron nas praia de Barcelona e Valencia.
En Valencia, que aínda entrou este luns na fase 1, xente na auga, multitudes na area e a distancia socialqueda en papel mollado. Imaxe parecida á que se deu nas terrazas, por exemplo, de Málaga, e peores aínda en Barcelona, precisamente na comunidade con peores datos, aínda na fase cero.
O Goberno de Valencia xa adiantou que non vai pedir entrar na fase dúas para evitar riscos. Pola contra, o de Madrid segue coa súa teima e denunciou no Supremo ao Goberno, por impedirlle o cambio de fase.