CRTVG

Buscar

Non quedan prazas para visitar as Illas Cíes nos próximas días

Publicado o 10/07/2021 20:12

Trasfega no peirao de Vigo. Moitos dos turistas que viñeron de vacacións a Galicia non queren marchar sen coñecer as Illas Cíes. Lograr praza no momento para visitalas é labor imposible estes días.

E non só nas Cíes, tamén en Ons. "Completo todo, nas Illas Cíes está completa a cota de visitantes ata o día 15 e a Illa de Ons está completa hoxe e mañá tamén", explica Luisa Leyenda, mariñeira e oficial de parques nacionais.

Para máis dun visitante é o remate perfecto a un percorrido pola comunidade. Sucede así no caso de Cristian, que veu de Castelló. A familia Galindo, de Zaragoza, tamén embarca como broche á viaxe pola costa que iniciou na praia das Catedrais.

Aínda que as prazas á praia máis bonita do mundo estean contadas, seguen abertas as reservas para visitar Sálvora.


 

Noticias web

10/07/2021