CRTVG

Buscar

'Non piques, non peques' incorpora 30 novas especies de peixe e marisco de Galicia

Publicado o 19/04/2019 15:40

A partir de hoxe poderanse consultar un total de 83 especies de pesca e marisqueo en Galicia a través da aplicación móbil gratuíta 'Non piques, non peques'. Amplíanse así as 53 coas que contaba dende a súa creación.

A aplicación ten como obxectivo promover o coñecemento dos peixes e mariscos que se poden atopar no mercado galego entre a cidadanía e, de xeito especial, entre os turistas.

Dende que saíu á luz, foi descargada máis de 10.800 veces.
 

Noticias web

19/04/2019