CRTVG

Buscar

Non houbo vítimas nas estradas galegas durante a fin de semana da operación retorno

Publicado o 31/08/2020 21:15
Non houbo vítimas nas estradas galegas durante a fin de semana da operación retorno

A operación retorno deixa boas noticias en Galicia. Dende o pasado venres non houbo ningunha vítima mortal nas nosas estradas. Este ano o nivel de tráfico baixou un 13% con respecto ás mesmas datas do ano pasado. A operación non remata ata as doce desta noite. Tráfico anima os condutores a manter o mesmo nivel de alerta e vixilancia nas vindeiras horas. Dende a Delegación do Goberno insisten na importancia de controlar a velocidade e de non consumir drogas ou alcol cando se vai conducir. No que vai de ano houbo 37 falecidos nas estradas galegas, 26 menos ca nas mesmas datas do ano pasado.
 

Noticias web

31/08/2020