Non haberá fase de ascenso á ACB
Publicado o 25/05/2020 22:02
Decepción no Basket Coruña, Breogán e Baxi Ferrol. Non haberá play-off de ascenso en Leb Ouro, Leb Prata e tampoco na Liga feminina dúas. A federación confirmou que por causa da COVID-19 non poden disputarse as liguiñas de ascenso. Non se garante a saúde dos xogadores.
Na LEB Ouro, Breogán e Basket Coruña saen prexudicados. Rematou a temporada para eles. A Federación propón a Valladolid e Guipuscoa Basket para que poidan ascender á Liga ACB.
Na Liga feminina 2 tamén sea prexudicado o Baxi Ferrol, que era segundo clasificado do seu grupo. As ferrolás xa non poderán pelexar por volver á elite do baloncesto feminino.