CRTVG

Buscar

Non comparecerán políticos na comisión Kitchen ata despois das eleccións madrileñas

Publicado o 02/04/2021 09:10
Non comparecerán políticos na comisión Kitchen ata despois das eleccións madrileñas

A comisión do Congreso que investiga a chamada "operación Kitchen", o suposto entramado organizado desde o ministerio do Interior na etapa de Jorge Fernández Díaz para espiar ao extesorero do PP Luis Bárcenas, non prevé recibir políticos ata despois das eleccións madrileñas do 4 de maio.

Durante este tempo declararán varios policías, o avogado Iglesias Redondo e o sacerdote Silverio Nieto, intimo amigo do exministro do Interior.

A finais de maio comparecerá na comisión a muller de Bárcenas, Rosalia Iglesias , e en xuño farano o comisario xubilado José Manuel Villarejo e o expresidente do Goberno Mariano Rajoy.

Noticias web

02/04/2021