CRTVG

Buscar

"Non che dá tempo a pensar nada", explica un camioneiro que envorcou na autovía das Rías Baixas

Publicado o 27/11/2020 14:34

Coas rodas cara ao ceo quedou o camión de Carlos tras o rebentón dunha roda. O vehículo bateu contra a varanda de protección e o camión envorcou. Carlos perdeu o control do vehículo e só puido agardar a que o camión parase a uns sesenta metros.

Nese momento non pensou que a súa vida ou a dos demais perigaba. Gústalle saír á estrada con todo baixo control e considérase un home tranquilo e afortunado.

Baixou tranquilo do camión e mesmo tivo a serenidade de facer fotos do camión, e de chamar persoalmente á súa muller. Grazas ao acondicionamento da cabina e ao cinto non rompeu nin un óso.

Unha das súas preocupacións foi rematar a conversa cos dous colegas, que ficaron abraiados cando escoitaron o estrondo e deixaron de oílo.

Aquel teléfono quedou entre a ferralla do camión, aquel que Carlos conducía desde Burgos ata o porto de Marín con carne para A China.

Noticias web

27/11/2020