CRTVG

Buscar

Non cabe recurso á sentenza absolutoria a favor do propietario dunha plantación de 2.000 plantas de cánnabis

Publicado o 19/06/2019 13:56

Falámoslles agora dunha sentenza polémica arredor dun comiso de 2.000 plantas de marihuana, que tivo lugar na localidade ourensá de Cualedro en 2017.

Estas son imaxes do vídeo policial daquel decomiso, unha plantación case industrial. O xulgado do Penal número 2 de Ourense absolvera o propietario ao entender que non vendía nin traficaba con ese material. Agora, a Audiencia Provincial desbota o recurso da Fiscalía e ve esa absolución motivada de xeito exhaustivo. Alude que non cabe en segunda instancia a repetición de toda proba baixo as mesmas garantías, tendo en conta a xurisprudencia constitucional.

O valor no mercado destas plantas de marihuana rozaría os cen mil euros.






 

Noticias web

19/06/2019