CRTVG

Buscar

Nolito: "Temos que chegar aos corenta puntos para estar tranquilos"

Publicado o 10/03/2021 21:26

Nolito está a gusto e nótase no campo. O domingo marcou o seu sétimo gol, o quinto na liga. E tamén leva catro asistencias. Neste Celta de Coudet está rendendo máis que nas anteriores temporadas fóra de Vigo.

Nolito: "Non sei se me libero. Intento facelo o mellor posible para todos".

Nolito regresou ao Celta a temporada pasada á volta do confinamento, xusto para contribuir á permanencia e sufrir co equipo.

Os tres puntos de Huesca celébraos con alivio porque con 33 non mira a Europa. Considera que hai que chegar aos corenta.

Nolito: "Menos mal que gañamos o partido do Huesca porque estamos un pouco máis tranquilos. Hai que chegar ós corenta puntos o antes posible".

O final da temporada pasada foi duro. O partido de Cornellá... Nolito aínda o ten moi presente, pero se alguén transmite boas sensacións é o gaditano, o seu bo humor é contaxioso.

 

Noticias web

10/03/2021