CRTVG

Buscar

Noite de terror no pobo pantasma de Chaioso

Publicado o 02/08/2019 21:24

Ninguén podería imaxinar os segredos que agocha esta pequena aldea de Maceda. Dende hai dúas décadas a tranquilidade que transmite transfórmase en auténtico horror dúas noites o ano.

Os guías acompañan os visitantes nun percorrido de media hora no que os sobresaltos, advirten, poden estar en calquera esquina.

E semella que eso de pasar medo engancha, porque cada ano centos de persoas fan horas de ringleira para participar nas súas noites do terror,

Este ano elexiron a Romasanta, o famoso lobishome, como inspiración para o pobo pantasma. Asasinos, meigas e mortos vivintes acompañarano nun percorrido no que convén berrar a gusto e deixarse levar, para pasar unha noite de medo con maiúsculas.
 

Noticias web

02/08/2019