Noelia Otero toma posesión do escano no Parlamento de Galicia
Publicado o 22/06/2021 10:51

A xornalista viguesa Noelia Otero prometeu este martes o seu cargo como nova deputada do Partido Socialista de Galicia no comezo do pleno da cámara galega. Otero ía de número seis na candidatura do PSdeG pola provincia de Pontevedra nas pasadas eleccións autonómicas e tomou posesión do seu escano tras o falecemento da parlamentaria autonómica e exconcelleira de Vigo Isaura Abelairas. Licenciada en Xornalismo, traballou en varias cadeas de radio e de televisión. No Partido Socialista de Galicia foi directora e coordinadora do Laboratorio de Ideas posto en marcha pola dirección encabezada polo secretario xeral Gonzalo Caballero en 2020.