No leste da Península agardan por máis choiva mentres aínda avalían os estragos
Publicado o 30/08/2021 16:30
Puerto de Sagunto sufriu con forza os efectos da chuvia, pero tamén en Benicassim ou Canet. No leste da Península Ibérica intentan recuperar a normalidade mentres miran ao ceo. Detrás das cifras de onte, aparecen múltiples danos materiais e unha noite sen durmir pendentes do avance da auga. A maior intensidade en Purto de Sagunto acadouse entre as 5 as 6 da madrugada con máis de 200 litros por metro cadrado.
En Benicassim, os datos indican 155 litros por metro cadardo e as imaxes de rúas coma se fosen ríos, arrastrando coches e anegando garaxes e sotos.
A predición para hoxe non é mellor do que aconteceu onte. Alerta laranxa en Teruel, Tarragona e Castelló, pero tamén fóra da Península, en Eivisa e en Formentera.