No Día Mundial do Alzhéimer AGADEA celebra o seu 25 aniversario
Publicado o 21/09/2019 21:50
Hoxe 21 de setembro celébrase o Día Mundial do Alzhéimer. E coincidindo coa data a Asociación galega de Axuda aos Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago está a celebrar unha gala de 25 aniversario. Usuarios, familias, coidadores e autoridades gozan arestora de actuacións musicais e recitais de poesía. Un dos momentos máis emotivos foi o do recoñecemento 'Toda unha vida', aos voluntarios e grupos que traballan polo benestar das persoas maiores. A conselleira de política social, gabou o traballo diario e volunario da entidade, unha das primeiras asociacións que se formaron en Galicia para apoiar as persoas con Alzheimer.