CRTVG

Buscar

No Día Internacional da Muller Rural, falamos con mulleres de tres xeracións

Publicado o 15/10/2019 15:20

No concello de San Xoán de Río coñecemos a Isolina. 104 anos de vida, traballo e lembranzas no campo, que di que nunca cambiaría pola cidade.

Esta é Daniela, a veciña máis nova de San Xoán de Río. Ten cinco meses, irá ao colexio de Trives e vivirá nunha contorna rural. Natureza e tranquilidade que, di a súa nai, agradece xa de cativa. Agardan que aquí poida atopar oportunidades de futuro.

Hoxe reciben a homenaxe dos seus veciños. Elas e cantas mulleres viven, traballan e apostan polo rural.

A ONU celebra este Día Internacional da Muller Rural dende o ano 2007, pola súa contribución e función decisivas para o desenvolvemento da agricultura, a mellora da seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza no rural.

Noticias web

15/10/2019