No Cangas din que o partido co Guadalaxara non pode rearbitrarse
Publicado o 18/02/2020 17:19
No Cangas-Guadalaxara o equipo arbitral debateu sobre o gol pantasma. Dous árbitros, un delegado de mesa e dous anotadores. O equipo arbitral decidiu que todo estaba ben.
O partido seguiu e o Frigoríficos entende agora que non se pode rearbitrar nin pasar, como pide o Guadalaxara, do 24-23 a un 23-23.
Hai que esperar unha resolución da Federación de Balonmán.