CRTVG

Buscar

No Brasil, país onde o seu presidente non cre na pandemia, a Corte Suprema avalou a obrigatoriedade da vacina

Publicado o 18/12/2020 08:18

No Brasil,  país onde o seu presidente non cre na pandemia, a Corte Suprema avalou a obrigatoriedade da vacina. Por ampla malloría, o Supremo autorizou aos gobernos rexionais e municipais a sancionar a quen rexeite vacinarse.

Na práctica, equipararon a vacina ao voto. No Brasil, é obrigatorio, pero o cidadán non pode ser forzado a exercelo. Como agora no caso da vacina contra a covid, en caso de non vacinarse, sen xustificación, poderían aplicarlles multas, impedir a renovación de pasaporte ou participar en concursos públicos.

Bolsonaro, o presidende do país, xa anunciou que el non vai poñer a vacina.

Noticias web

18/12/2020