No Baixo Miño apostan polo aguacate: ata 10.000 hectáreas cultivadas en Tomiño
Publicado o 10/08/2020 15:40
Nas terras de Tomiño hai máis de seis mil plantas de aguacate repartidas en 10.000 hectáreas. No Baixo Miño están a apostar polo cultivo dunha froita que cada vez está máis presente nas nosas dietas.
Ao aguacate non lle gustan os contrastes e no Baixo Miño atopa as condicions óptimas para o seu cultivo.
Na plantación que fomos visitar xa recollen entre dez e doce toneladas de aguacate por hectárea. Unha produción que ten saída no mercado porque os galegos consumimos cada vez máis froitas exóticas como o aguacate.