CRTVG

Buscar

No 2020 diminuíron nun 7,3% as denuncias por violencia de xénero en Galicia

Publicado o 03/02/2021 17:53

Esta mañá o Goberno galego deu a coñecer o balance de atención ás vítimas de violencia de xénero en 2020, un ano en que 3 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas. As axudas económicas medraron preto dun 30 por cento, ata chegar a case mil mulleres.

O número de denuncias con respecto ao ano anterior diminuíu nun 7,3 por cento.

Dende a Consellería de Igualdade cren que hai que analizar os datos a longo prazo para saber se o descenso se debe á pandemia. María Jesús Lorenzana di que o obxectivo é a erradicación total da violencia machista, e lanza unha mensaxe de apoio ás vítimas.

Noticias web

03/02/2021