CRTVG

Buscar

Dispárase a incidencia entre a poboación española de 20 a 29 anos

Publicado o 29/06/2021 18:41

• A incidencia sobe seis puntos ata os 106,8 casos

Dispárase a incidencia entre a poboación española de 20 a 29 anos
EFE

A incidencia acumulada sobe seis puntos ata 106,8 casos a 14 días, segundo o Ministerio de Sanidade, que detalla que neste período a maior transmisión da covid produciuse no grupo de entre 20 e 29 anos (251), seguido do de 12 a 19 (243,4), mentres que o de maiores de 80 é que menos contaxios rexistra (22,3).

Son os datos de Sanidade que desde este martes facilita a incidencia acumulada en 14 días por grupos de idade e comunidades e revela que Cantabria é a comunidade con máis transmisión no grupo de 20 a 29 (637,5) e no de 12 a 19 (539).

A incidencia acumulada a 7 días -a que adianta a tendencia do virus por notificar casos máis recentes- tamén segue en ascenso, con 6 puntos máis (57,7).

Nas últimas 24 horas notificáronse 7.091 novos contaxios e 40 mortes. Por agora, o aumento dos contaxios non se reflicte nas ucis, onde a ocupación baixa dúas décimas, ata o 6,7 %, mentres que a presión hospitalaria baixa lixeiramente ao 1,9 % (2 % onte).

O total de infeccións desde o inicio da pandemia ascende xa a 3.799 e os falecidos a 80.829, dos que 46 foron reportados no últimos sete días.

Noticias web

29/06/2021