CRTVG

Buscar

Ningún docente vacinado en Galicia con AstraZeneca tivo unha reacción adversa grave

Publicado o 20/03/2021 16:23

A vacinación da comunidade educativa co fámarco de Astrazeneca desenvolveuse sen problema ningún en Galicia, segundo Educación. Ningún dos docentes menores de 55 anos que recibiron a primeira dose nas últimas semanas tivo reaccións adversas graves. O conselleiro confía en poder continuar o calendario de vacinación coa mesma normalidade.

"Non nos consta que houbera reaccións grave, as normais, naturais ". "Agora imos agardar a que se normalice a situación na vacinación para seguir avanzando fundamentalmente nos ámbitos de máis de 55 anos", di Román Rodríguez, conselleiro de Educación.

Os casos activos de coronavirus nos centros educativos andan en 465. Son 19 positivos menos que hai xusto unha semana. A área máis afectada é a da Coruña, con 181 contaxios, seguida da de Vigo, con 84.
"Dende finais de febreiro estamos nun descenso progresivo e constante dos casos positivos".

Hai 22 aulas pechadas e unha única escola infantil en Tordoia, na área de Santiago, cerrada ao completo".

 

Noticias web

20/03/2021