Ninguén do sector crítico está nas listas electorais de En Marea
Afíns á dirección de Luís Villares encabezan de momento as listas únicas ao Congreso e ao Senado por En Marea. A pesar dos chamamentos á participar non se postulou ninguén próximo ás direccións de Podemos Galicia, Esquerda Unida ou Anova. Consúmase a ruptura que parece conducir a que En Marea e o sector crítico con Villares se presenten divididos ás eleccións xerais. Aínda que desde o comité electoral salientan que si se postulan persoas dos partidos da confluencia.
"Hai xente de Podemos que se presentou a estas primarias, hai xente de Anova que se presentou as primarias, hai xente do movemento sindical...Desde o comité electoral consideramos que representan o sentir da casa común que é En Marea"
As persoas que encabezan as listas non teñen porque ser as definitivas. Os inscritos de En Marea votarán entre o 8 e 10 de marzo en que lugar van cada un dos que aspiran a formar parte das candidaturas.