CRTVG

Buscar

Nin 'brote' nin 'rebrote': 'gromo' e 'repunta'

Publicado o 29/07/2020 18:05

Unha nova nube de palabras que demostra que o dicionario é unha ferramenta en permanente actualización.

"O léxico responde á realidade da vida dunha comunidade", di Manuel González, coordinador do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega.

E ben sabemos que está sendo da nosa realidade estes meses. En maio, a Academia xa incoporara 'covid-19' ou 'desescalada'. Agora incorpora unha nova acepción de gromo.

E no ano 2020 pasa a incluír esta acepción: "Aparición súbita dunha enfermidade epidémica nunha poboación dun determinado lugar". Gromo.

Outro termo: rebrote. Rebrote é castelán.

A Real Academia Galega propón 'repunta', que en galego xa significaba "que aparece de novo".

Pandemia e palabras. Tamén chegaron ao dicionario gotícula, triaxe, polimeraxe ou axeusia, que é a perda do sentido do gusto.

Entre o galego que está nos libros e o galego que está na boca veremos o galego que estará. Un debate aberto que demostra que esta lingua está moi viva.

Noticias web

29/07/2020