Nin Aspas nin Angeliño entran na convocatoria de Luis Enrique
Publicado o 06/11/2020 13:37
Non hai xogadores galegos na lista de Luis Enrique. Nin Aspas nin Angeliño entran na convocatoria para os tres partidos que a selección española vai disputar no mes de novembro. Cunhas chapas, o seleccionador deu a coñecer os 25 elixidos. Morata, Marcos Llorente, Koke e Íñigo Martínez son as novidades.
España vai xogar un amigable ante Holanda o próximo mercores e despois dous partidos da Liga das Nacions. O sábado ante Suíza en Basilea e o día 17 ante Alemaña no estadio da Cartuja.