CRTVG

Buscar

Gustavo Nieves e Juan Saavedra buscan a cobizada medalla nos seus quintos xogos

Publicado o 20/08/2021 14:32

Quintos Xogos Paralímpicos para Gustavo Nieves. Máis de 20 anos na elite. Debutou en Sydney 2000 con tan só 18 anos. A súa mellor posición foi cuarto nos 5.000 de Londres. En Río decidiu dar o salto ao maratón. Agora en Toquio, busca acadar a ansiada medalla olímpica.

"É a competición máis importante, outras competicións danche experiencia pero non hai nada como uns Xogos".

Tamén son os quintos Xogos para Juan Saavedra. Prata nos Xogos de Londres 2012. Só fallou no Río. En Toquio agarda facer unha tirada perfecta para colgar a medalla de ouro.

"Se as miñas posibilidades reais só foran as de participar xa tería renunciado fai tempo"

No equipo de baloncesto en cadeira de rodas masculino estarán tres galegos: Agustín Alejos, Manuel Lorenzo e David Mouriz. Vicky Alonso competirá coa selección feminina.

Noticias web

20/08/2021