CRTVG

Buscar

Nico Rodríguez chega no terceiro posto á Medal Race na clase 470

Publicado o 03/08/2021 08:07
Nico Rodríguez chega no terceiro posto á Medal Race na clase 470

Agárdanos outro final emocionante para a clase 470 de vela co barco español en que está o vigués Nico Rodríguez ocupando o terceiro posto, a catro da prata e con seis puntos de marxe sobre a cuarta posición. 

A novena e décima regatas tiveron os españois Rodríguez e Xammar nos postos altos (5º e 7º posto), pero viron como os suecos remontaban na loita pola prata ao completar unha xornada perfecta (3º e 1º posto). 

No máis alto mantéñense os australianos, aos que xa é imposible quitarlles o ouro. A clasificación chega deste xeito á Medal Race: Australia 21 puntos, Suecia 41 puntos, España 45 puntos, Nova Zelandia 51 puntos e Gran Bretaña 54 puntos.