CRTVG

Buscar

Nick Ward marca as diferenzas no Leyma

Publicado o 24/10/2021 23:06

O Leyma derrotou o A Palma (76-70) logo dunha prórroga e conseguiu a segunda vitoria da temporada. Ao final dos 40 minutos chegouse con empae a 66. No tempo suplementario apareceron Monaghan e Lofberg que, con dúas triplas no último minuto, racharon o empate a 70. 

O máis destacado do partido volveu ser Nick Ward. O pivote anotou 22 puntos e colleu 10 rebotes. Provocou 9 faltas e fixo 24 puntos de valoración. Non lle chegou para ser o MVP da Leb PRata pero xa leva dous nas catro xornadas disputadas. 

O próximo sábado, ás 19:00, veremos a Nick Ward e o seu Leyma na G2 fronte ao Guipúscoa.

Noticias web

24/10/2021