CRTVG

Buscar

Ángeles Vázquez pide manter o equilibrio respecto do lobo

Publicado o 14/04/2021 15:02

A conselleira de Medio Ambiente solicita unha conferencia extraordinaria co Ministerio para a Transición Ecolóxica. Ángeles Vázquez quere debater sobre a protección ao lobo e sobre a prohibición total da súa caza.

Vázquez cre que se deben escoitar as catro comunidades autónomas onde habita o 98 % das mandas de lobo e elaborar novos estudos medioambientais e un plan estratéxico de xestión do cánido antes de incluílo no catálogo de especies de protección especial. 

Noticias web

14/04/2021