Ángel Rodríguez adestrará o Pontevedra na Segunda Federación
Publicado o 12/07/2021 11:00
Coincidiu co director deportivo, Toni Otero, cando foi segundo adestrador de Paco Herrera no Celta
E un apuntamento da Segunda Federación, porque o Pontevedra anunciou a contratación de Ángel Rodríguez.
O leonés, de 49 anos, chega procedente do Langreo, que adestrou esta última temporada, pero onde non renovou o seu contrato. Ten unha dilatada traxectoria, e en Galicia coñecémolo do seu paso polo banco do Celta como segundo adestrador de Paco Herrera. Como vemos nestas imaxes de arquivo, alí coincidiu con Toni Otero, o actual director deportivo do Pontevedra. Agora asume o mando do equipo granate.