O expresidente madrileño, Ángel Garrido, nova baixa de Ciudadanos
Presidente da Comunidade de Madrid co PP en 2018 e conselleiro de Transportes con Ciudadanos un ano máis tarde. A capacidade de adaptación de Ángel Garrido non aguantou a semana negra da formación laranxa. Deixará a política tras o comicios do 4 de maio. No PP veno como a última consecuencia do achegamento de Ciudadanos ao sanchismo.
Pablo Montesinos, vicesecretario de Comunicación do PP, cre que "a señora Arrimadas incumpriu a súa palabra, alonxouse do seu ideario e moitos votantes e cargos de Ciudadanos sentírose orfos".
Ciudadanos celebra esta fin de semana unhas primarias para as que de momento só hai un candidato: o outro, un militante das Rozas, retírase tras o paso adiante de Edmundo Bal.
O aínda voceiro adxunto de Ciudadanos no Congreso asegura que "nos presentamos para que a Comunidade de Madrid non sexa gobernada polos populismos de dereitas nin polo populismo de esquerdas".
A mes e medio dos comicios, os partidos endurecen as mensaxes: a popular Isabel Díaz Ayuso dixo este xoves que Pablo Iglesias estaba acabado. O líder de Podemos e aspirante a presidencia responde que o PP é sinónimo de delincuencia e auguralle isto a Ayuso: "é máis que probable que cando se investigue de verdade á señora Ayuso sexa imputada e remate en prisión. É un perigo para a democracia que esta xente poida gobernar".
Pedro Sánchez entra en campaña esta fin de semana para lanzar candidatura de Ángel Gabilondo.