CRTVG

Buscar

Neymar: "Son amigo de Messi pero na final imos ser rivais"

Publicado o 09/07/2021 20:27

A Arxentina afronta a final da Copa Américacoa intención de darlle a volta á historia e romper a xeira de trinta anos sen un título. Especialmente Leo Messi. É a súa final, se cadra das últimas oportunidades que ten o astro de triunfar coa selección. Diante terá a potente Brasil de Neymar, vello amigo, e que tamén quere un título coa canarinha. Na última final el non estivo por lesión. Un duelo de estrelas que gozaremos na TVg.

 

Noticias web

09/07/2021