CRTVG

Buscar

Nevou na cidade de Lugo e en toda a zona centro da provincia

Publicado o 04/12/2020 14:35

A nevarada sorprendeu a moitos camiño do traballo e do colexio.

"Decateime ao levantarme, que me enviou miña nai un vídeo, está precioso".

Unha paisaxe invernal que poucas veces se deixa ver na cidade, e que a maioría, móbil en man, quería inmortalizar.

"A min encántame, gustame moitisimo, dálle un pouquiño de ambiente de Nadal";"Precioso"; "Marabilloso, aínda que vai moito frío".

Nevarada que algúns seguiron dende as terrazas, no primeiro día de reapertura.

"Hoxe xa poden abrir as terrazas".

A imaxe repetíase en toda a zona centro da provincia. Nevou na Terra Chá, na Fonsagrada, e as folerpas mesmo chegaron ás portas da Mariña.

"Veu moi cedo, antes nesta epoca xa tiña nevado duúas ou tres veces, pero agora estamos acostumados a invernos cálidos e non contabamos que viñera tan cedo a neve".

Na Gañidoira o mal momento pasárono os que fan a repartición polas vilas.

"Non me atrevo porque isto está moi complicado".

A pesar destes pequenos trastornos, a neve deixou a mellor estampa para despedir o outono e recibir o Nadal.

 

Noticias web

04/12/2020