Frío en toda Galicia e neve por riba dos 1.200 metros no interior
Publicado o 16/11/2019 22:32
• Desbloquean unha estrada para unha urxencia médica
• Os refachos de vento provocan situacións perigosas
• Predición meteorolóxica para o domingo
Remite o temporal, pero aínda así estamos ante unha fin de semana claramente invernal, con temperaturas moi baixas e neve na alta montaña. Así amencía este sábado no Cebreiro, cunha nevarada propia dos meses máis duros do inverno.
Chegaron a acumular 30 centímetros. Un anticipo do inverno que moitas familias non quixeron deixar pasar.