CRTVG

Buscar

Neva nas montañas de Lugo e Ourense

Publicado o 06/03/2020 21:24

A fronte fría deixou as primeiras folerpas deste inverno en Galicia. Nevou nas montañas de Lugo e Ourense. Apenas quedou un manto branco de cinco centímetros de espesor. Pero o vento aumenta moito a sensación de frío nesas zonas. Afortunadamente, a neve non afectou a circulación por estrada. Pero puxo a proba os peregrinos que estes días fan o Camiño de Santiago. En todo o caso, a masa de aire frío xa abandonou Galicia e as temperaturas vanse recuperando.
 

Noticias web

06/03/2020