CRTVG

Buscar

Netanyahu non dá formado goberno e Lapid podería intentalo agora

Publicado o 05/05/2021 08:38
Netanyahu non dá formado goberno e Lapid podería intentalo agora

O primeiro ministro israelí en funcións Benjamin Netanyahu non conseguiu os apoios necesarios para formar un goberno de coalición no prazo legalmente establecido, que expirou esta pasada medianoite.

O presidente israelí iniciará este mércores unha rolda de contactos cos partidos con representación parlamentaria para designar outro candidato que intente aglutinar o apoio dos 61 deputados necesarios para gobernar.

O encargo podería recaer no centrista Yair Lapid, que quedou segundo nos comicios do 23 de marzo.