Néstor Araújo: "A de Rubén é unha baixa sensible para o Celta"
A baixa do porteiro habitual non é unha boa noticia para un equipo en reconstrución. Son moi conscientes os denfensas centrais.
"Si, a de Rubén é unha baixa sensible. Estaba parando moi ben", dixo Néstor Araújo nunha entrevista para a TVG.
A recuperación empeza por unha defensa sólida. É a conclusión que saca Araújo das sesións intensivas con Óscar García: "Hai que facer un partido perfecto atrás. Para saír desta situación hai que manter a portería a cero".
O saldo co Vilarreal a temporada pasada foi de seis puntos para o Celta, incluída a última vitoria fóra, pero este ano é outro equipo, sobre todo na súa casa: "Agora veñen embalados".
Tamén o Celta puxo as pilas os últimos quince días. "Traballamos moitísimo", asegura Araújo.
O domingo, segunda entegra do Celta de Óscar García.