CRTVG

Buscar

Neste 21 de xullo conmemórase o Día Mundial do Can

Publicado o 21/07/2021 22:45

Os cans pasaron de ser pastores e gardiáns de parcelas a converterse nun máis nos fogares. Salóns de peiteado, tratamentos de beleza e termais, tendas de roupa para eles. Hoxe en día os servizos para os cans son un nicho de negocio. 

Pero se nalgún momento estiveron cotizados os cans foi no confinamento. Tal é a relación estreita entre humanos e cans, que os animais mesmo chegan a mimetizarse cos seus donos.

Con fama de fieis, para algúns son os seus ollos, para outros compañeiros de traballo, para outros son coma fillos cos que compartir unhas vacacións. Calcúlase que no mundo hai uns 500 millóns de cans; esta é a nosa particular homenaxe no seu día.

Noticias web

21/07/2021