CRTVG

Buscar

Máis de 200.000 alumos galegos regresan ás aulas de secundaria e FP

Publicado o 15/09/2021 13:55

Na maioría dos centros, a presentación fíxose por cursos para evitar aglomeracións. No instituto compostelán Xelmírez I, os alumnos foron recibidos polo director, que no seu discurso de benvida lles lembrou o protocolo anticovid. Pouco varía respecto do ano pasado. Os eixes seguen sendo uso de máscara, hidroxel, ventilación e distancia. Medidas que funcionaron con éxito no curso anterior. A maior novidade é a redución da distancia entre alumnos nas aulas. Pasa de metro e medio a un metro 20. Supón un alivio para a organización de espazos e mesmo horarios nos centros.

No IES Xelmírez tamén incorporan unha novidade: os recreos poderan xuntarse por niveis en zonas acoutadas para cada un. Entre os alumnos, nervios e ilusión sobre todo entre os que comezan unha nova etapa educativa ou estrean centro. Os que din comezar xa con presión son os alumnos de Segundo de Bacharelato pola temida ABAU. En total, máis de 209.000 alumnos volven ás aulas entre hoxe e mañá nos institutos galegos.

Noticias web

15/09/2021