Nenos e anciáns conviven no Centro Interxeracional da Farixa, en Ourense
A ilusión dos cativos e a experiencia dos maiores van da man no Centro Interxeracional de Ourense, onde unha escola infantil comparte espazo cun centro de día para a terceira idade. Un espazo de referencia onde hoxe celebran unhas xornadas para afondar, precisamente, nas vantaxes da convivencia entre xeracións.
Os maiores len tranquilamente a prensa, mentres os cativos revolucionan a aula da Galiña Azul da Farixa.
Dúas realidades paralelas, que se transforman cando entran en contacto: "Xogamos coas pelotiñas e pasámolo moi ben, moi ben". "É que son encantadores, pásase o tempo mirando para eles".
A Manuel, de apelido Ojea, xa lle chaman o avó Ojea.
Sempre ten un conto a man para lle ler aos cativos: "Porque me gusta moito estar con eles. Parece que rexuvenece un".
Mesturando xeracións, é a filosofía deste centro que hoxe acolle unhas xornadas coa mesma pretensión: estender o modelo do enriquecemento mutuo.