'Negro púrpura', documental de Illa Bufarda: "No rural galego, grazas ao comercio do dentón establecéronse unhas conexións internacionais inimaxinables para a época"
Publicado o 05/04/2021 17:15
O cornello, caruncho, dentón ou cornecelo é un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que deu orixe a historias incribles coma as que se recollen no documental 'Negro púrpura', de Illa Bufarda, que inaugura a Mostra de Cinema Etnográfico o 6 de abril. Entrevistamos as súas directoras